abril”. 24, febreiro, 20.- O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, mantivo esta fin de semana unha reunión con afiliados e simpatizantes do PP de Sanxenxo, dentro da rolda de encontros que está levando a cabo por toda a provincia coa mirada posta nas eleccións do 5 de abril. No encontro, ao que tamén asistiron o alcalde Telmo Martín e a deputada provincial Paz Lago, así como o secretario do PP de Pontevedra, Cores Tourís,Rueda recordou que o Goberno central segue debendo a Galicia 370 millóns de euros, incluídos os 200 millóns do IVE, “mentres os socialistas galegos e tamén os desta provincia calan cun silencio cómplice”. Destes cartos, a Sanxenxo corresponderíanlle 2,4 millóns de euros, cartos que está deixando de recibir para seguir mellorando a sanidade, a educación ou os servizos sociaismunicipais. No que respecta á campaña, Rueda destacou que a Xunta fixo moitas cousas boas durante estes anos, “e por iso hai que recordalas e explicalas. Hai que dar os datos que avalan a boa xestión do Goberno galego durante todo este tempo, e que permite que Galicia siga nesa senda de estabilidade e de crecemento, que ten que continuar a partir do 5 de abril”. E para iso, continuou, “tamén hai moitas propostas que queremos que cheguen á xente, polo que temos que estar moito na rúa, facer a campaña de proximidade que sabe facer o PP de Pontevedra. Chegar a todos os colectivos, entidades e todas as persoas que queiran escoitar a mensaxe do PP. E iso é o que faremos ata o 5 de abril, sempre en sentido positivo, con propostas e pensando que a vitoria parte do traballo e da humildade de pensar que nada está feito. Hai moito que gañar”.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
Archivos
Septiembre 2020
Categorías |