Pazo Torres de Mens
Conxunto edificatorio do século XV, composto pola vivenda e tres torres de planta cadrada. |
Descripción
O volume principal presenta planta en forma de "L", rematada cun torreón xirado respecto ao eixe do edificio. Conta con dúas alturas no corpo principal e tres no torreón. Sobresae un balcón corrido de madeira, apoiado sobre ménsulas de pedra, nunha das esquinas do último piso. Accédese á vivenda a través dun arco campanel. Destaca unha solaina á que se chega por unha escaleira de pedra. Os panos dos muros, de cachotaría, contrastan coas pezas de cadeirado reservadas para as partes nobres da construción. Na cuberta a dúas augas, de tella curva, sobresaen dúas chemineas. As tres torres perderon as ameas. Na de acceso destaca como elemento singular o arco oxival da entrada. Restauradas en 1988.